Exposicions
Eventos
Xacementos
Videos

INICIO | GAL | ESP

Centro Arqueoloxico do Barbanza - Castros de Neixon

Características do Centro Arqueolóxico do Barbanza

DOC Tríptico informaitvo

DOC Plano de localización
      (en alta calidade)

Centro Arqueolóxico do Barbanza
Neixón, Nine s/n.
15991 Cespón. Boiro
TEL 981 843 810
FAX 981 843 823
centroarqueoloxico@boiro.org

centro

 

O Centro Arqueolóxico do Barbanza trata de por en valor, de dar a coñecer a Historia milenaria do Barbanza, xa que conta cunha calidade e variedade temática extraordinaria. En concreto atende a tres manifestacións culturais que dominan o territorio pola súa magnificencia: o Megalistismo da época Neolítica, a arte rupestre da Idade do Bronce, e a cultura castrexa da Idade do Ferro.

Conta coa infraestrutura necesaria para abordar a ocupación prehistórica e protohistórica da comarca; a través do discurso museográfico do que dispón, traslada ao visitante a finais do V milenio a.C., para facer un percorrido até os inicios do cambio de era, facéndonos comprender, estimular, provocar e reflexionar sobre o pasado. Faise especial fincapé en amosar os restos arqueolóxicos en relación coa sociedade que os orixinou, incidindo naqueles aspectos máis determinantes para poder comprender os cambios acaecidos en tempos pretéritos. Disponse de persoal que permite achegarse, ben co discurso, ben coas distintas maquetas dispoñibles ou recreacións de distintos vestixios arqueolóxicos (cabanas castrexas, petróglifos, cultura material, etc.) a un tempo pasado tentándoo facer intelixíbel o público.

A gran versatilidade do deseño do Centro e o dinamismo da súa xestión permite albergar unha exposición permanente e unha sala de exposición temporal na cal se aborda de forma continua distintas exposicións do ámbito arqueolóxico e cultural, que engrosa, máis se cabe, a finalidade de explicar e promover o coñecemento do pasado, facilitar e incrementar a concienciación do público respecto dos restos arqueolóxicos; e en definitiva contribuír a unha mellor eficacia da posta en valor do patrimonio arqueolóxico.

Volver a: Localización do Centro -

 

(C) 2007 Centro Arqueolóxico do Barbanza - Castros de Neixón
Neixón, Nine s/n. 15991 Cespón. Boiro. - tel 981 843810 / 647922210 - fax 981 843823
info@centroarqueoloxicodobarbanza.org
Desenvolvemento web: avaforum.com