Centro Arqueolóxico do Barbanza
Neixón, Nine s/n.
15991 Cespón. Boiro
TEL 981 843 810
FAX 981 843 823
centroarqueoloxico@boiro.org
|
Atópase situado no Sur da provincia de A Coruña, concretamente na parte máis interior do Norte da Ría de Arousa, nunha pequena península coñecida como a Punta de O Neixón, que administrativamente pertence ao Concello de Boiro, parroquia de S. Vicente de Cespón, no lugar de Nine. O Centro érguese nas inmediacións do conxunto arqueolóxico formado polos Castros de o Neixón: Castro de Neixón Pequeno e Castro de Neixón Grande.
A localización do Centro está determinada, en gran medida, pola gran importancia do enclave arqueolóxico, xa que os Castros de O Neixón son un dos xacementos con maior relevancia do Noroeste peninsular, como o demostran as distintas campañas de investigación arqueolóxica levadas a cabo dende inicios do século XX até a actualidade.
O Centro rematouse de construír no 2002, nun enclave privilexiado, rodeado dunha ampla zona verde destinada a fins recreativos, ideal para o espallamento, ademais conta cun extenso aparcadoiro, e con servizo de cafetería integrado.
Está estruturado en tres plantas: soto, planta baixa e primeiro andar; no cal se organiza o seu funcionamento, o dispoñer das características necesarias para cumprir cos seus obxectivos de (1) información, difusión e divulgación do patrimonio arqueolóxico da comarca, (2) apoio á investigación, (3) e como recurso cultural e turístico da comarca.
(C) 2007 Centro Arqueolóxico do Barbanza - Castros de Neixón
Neixón, Nine s/n. 15991 Cespón. Boiro. - tel 981 843810 / 647922210 - fax 981 843823
info@centroarqueoloxicodobarbanza.org
Desenvolvemento web: avaforum.com