10/05/2025 - 10/05/2025
11:30 / 17:30
Centro Arqueolóxico do Barbanza
Obradoiro de Lapiseiros Prehistóricos
O Centro Arqueolóxico do Barbanza organiza dous obradoiros para achegar á rapazada a Prehistoria a través da cerámica decorada.
📅Data e hora: Sábado 10 de maio, ás 11:30 h e ás 17:30 h.
⏰Duración: 60 minutos
👦👧Destinatarios: Rapazada de 6 a 14 anos
🎨Descrición da actividade: Durante a sesión a rapazada aprenderá sobre os inicios da agricultura e a gandaría e descubrirá diferentes técnicas de decoración da cerámica prehistórica. Ademais, terá a oportunidade de modelar un lapiseiro de barro, inspirándose nas decoracións características da época, para levar de recordo da actividade.
📝Inscrición: A actividade require inscrición previa.
Aforo limitado a 15 prazas por sesión.
👩 A actividade será impartida pola bolseira da Xunta de Galicia (Bolsa de formación en materia de museos), quen está a gozar de dita bolsa no Centro Arqueolóxico do Barbanza.