31/05/2025 - 31/05/2025
11:30
Centro Arqueolóxico do Barbanza
Visita familiar aos Castros de Neixón
O Centro Arqueolóxico do Barbanza organiza unha visita aos Castros de Neixón para as familias.
📅 Data e hora: Sábado 31 de Maio ás 11:30 h.
⏰ Duración: 80 minutos
👨👩👧👦 Destinatarios: Familias
🥾 Descrición da actividade: Durante esta actividade, as familias poderán coñecer a historia dos Castros de Neixón nunha experiencia deseñada para que adultos e rapaces compartan un momento único. Durante a visita, as familias achegaranse á vida castrexa de forma divertida e participativa, descubrindo os seus segredos paso a paso. Ao rematar, terán a oportunidade de levar para casa a boneca Navia, a castrexa de Neixón, en adopción durante 15 días. (Máis información sobre o préstamo da boneca no formulario de inscrición).
📝 Inscrición: A actividade require inscrición previa.
Aforo limitado