Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí. Se continúas navegando, estarás aceptándoa.
Política de cookies +

Navia, a castrexa de Neixón

18/09/2025 - 01/05/2026

12:00

  Centro Arqueolóxico do Barbanza

Navia, a castrexa de Neixón

Navia, a castrexa de Neixón 👧

CARTEL

O Centro Arqueolóxico do Barbanza pon en marcha o programa “Navia, a castrexa de Neixón”, unha iniciativa pensada para que as familias descubran novos lugares vinculados á arqueoloxía do Barbanza e de Galicia.

✨ A través desta campaña, convidámosvos a vivir unha experiencia educativa e divertida, espertando o interese pola nosa historia e patrimonio. O obxectivo é que as familias exploren enclaves arqueolóxicos ou sitios ligados a antigas lendas, convertendo a aprendizaxe nunha aventura.

🧸 Como parte da actividade, prestamos a boneca Navia para que vos acompañe na vosa viaxe. A única condición? 📸 Enviarnos unha imaxe dela nun lugar de interese arqueolóxico ou asociado a unha lenda. Así, entre todas e todos, iremos tecendo unha viaxe visual polo noso rico pasado.

📌 Normas para a actividade de adopción da boneca

Esta actividade inclúe a adopción temporal da boneca Navia por parte dunha familia, que terá como obxectivo fomentar o coñecemento do patrimonio arqueolóxico e cultural.

  1. 📷 Compromiso fotográfico:
    A persoa responsable da inscrición deberá enviar unha foto da boneca nun lugar arqueolóxico ou de interese, indicando o nome do lugar. A imaxe pode ser só da boneca ou incluír á familia participante, segundo decida o/a titor/a.
    👉 Esta foto será publicada nas redes sociais.
  2. Duración da adopción:
    Cada familia poderá desfrutar da boneca durante dúas semanas. A entrega farase un sábado pola tarde ou domingo, e a devolución, un venres ou sábado pola mañá.
    📱 Estes prazos serán comunicados por WhatsApp.
  3. 🔁 Devolución da boneca:
    A boneca deberá entregarse no prazo establecido para que outra familia poida desfrutala.
  4. 🗓️ Orde de inscrición:
    A orde de inscrición determinará a quenda de adopción da boneca. Se unha familia non pode recollela na súa quenda, posporase para a seguinte.
  5. Perda ou danos:
    En caso de extravío ou danos graves, a familia comprométese a substituír a boneca por outra similar para garantir a continuidade da actividade.

Síguenos nas redes...