27/09/2025 - 27/09/2025
11:00-14:00 / 16:30-19:30
Centro Arqueolóxico do Barbanza
Obradoiro de cerámica castrexa para adultos
O Centro Arqueolóxico do Barbanza organiza un obradoiro para adultos sobre cerámica castrexa.
Horario e duración: De 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 (6 h.)
Destinatarios: Adultos.
Descrición da actividade: Ao longo desta xornada práctica, as persoas participantes mergullaranse na tradición cerámica da Idade do Ferro. Empregando técnicas tradicionais de creación cerámica, terán a oportunidade de modelar e decorar unha peza inspirada nos motivos e formas propios da cultura castrexa. Como colofón, cada creación será cocida posteriormente nas instalacións da Fundación Terra Termarum, permitindo ás persoas asistentes levar o cacharro que elaboraron durante a actividade: unha lembranza única da experiencia.
Aforo: 12 persoas.
Imparte: Sandra Obarrio Fernández da Fundación Terra Termarum Castrolandín.