Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí. Se continúas navegando, estarás aceptándoa.
Política de cookies +

Exposición temporal: Louza de Bamio

02/05/2026 - 23/05/2026

de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 18:30

  Centro Arqueolóxico do Barbanza

Exposición temporal Louza de Bamio

Exposición temporal:
Louza de Bamio. Memoria, mulleres e territorio

Cartel 🔍

Durante o mes de maio, no Centro Arqueolóxico do Barbanza poderedes visitar a exposición temporal Louza de Bamio. Memoria, mulleres e territorio, no noso horario habitual.

A mostra achega ao público a recuperación dunha tradición oleira hoxe desaparecida, propia da parroquia de San Xinés de Bamio (Vilagarcía de Arousa), situada na marxe sur do estuario do Ulla. Este oficio forma parte da nosa identidade e reflicte a forte conexión entre a paisaxe litoral e as tradicións rurais, urbanas e mariñas que foron modelando o territorio ao longo do tempo.

Louza de Bamio é un proxecto desenvolvido no marco de Louceir@s de Bamio, unha iniciativa conxunta entre a Asociación de Mulleres Rurais de Bamio e a Universidade de Vigo, iniciada no ano 2016 co obxectivo de recuperar a memoria social do traballo co barro. A exposición está composta por seis paneis que percorren a historia e as técnicas desta tradición, salientando o papel fundamental das mulleres na transmisión deste saber.

A mostra complétase coa exhibición de pezas orixinais desta tradición oleira, pertencentes á colección do Museo do Pobo Galego e a materiais recuperados polo propio proxecto, permitindo achegarse á beleza e funcionalidade dun oficio que desapareceu a finais dos anos 40 pero que deixou unha fonda pegada na nosa cultura.

Unha proposta para mergullarse no pasado, reflexionar sobre a transformación do rural e recoñecer a importancia da memoria colectiva e do patrimonio como parte esencial da nosa identidade.

Organiza

Proxecto Louceir@s de Bamio
Asociación de Mulleres Rurais de Bamio
GEAAT, Universidade de Vigo
Centro Arqueolóxico do Barbanza
Concello de Boiro

Deseño Paneis

Beatriz Comendador Rey (Universidade de Vigo) e Víctor Vázquez Collazo

Ilustracións

Víctor Vázquez Collazo

Impresión Paneis

GEAAT, Universidade de Vigo

Síguenos nas redes...