Esta web utiliza cookies, podes ver a nosa política de cookies, aquí. Se continúas navegando, estarás aceptándoa.
Política de cookies +

Certame fotográfico:Imaxes do pasado ao presente

11/12/2008 - 15/01/2009

Apertura do Centro

  Centro Arqueolóxico do Barbanza

BASES PARTICIPANTES: Persoas galegas ou residentes en Galicia así coma asociacións culturais e centros educativos segundo as seguintes categorías:

Categoría A (Infantil): ata 14 anos

Categoría B (Xuvenil): de 15 a 18 anos

Categoría C (Adulto): de 19 anos en adiante

PREMIOS: Outorgaranse dous premios por categoría sendo os seguintes:

Categoría A (Infantil): 1º- 70 € / 2º- 40 €

Categoría C (Adulto): 1º- 255 € / 2º- 130 €

Categoría B (Xuvenil): 1º- 125 € / 2º- 80 €

Mención especial: 50 € mais cómics

CONDICIÓNS XERAIS: • Baixo o título Imaxes do Pasado ó Presente trátase de recoller todas aquelas fotografías do Patrimonio Cultural: arqueolóxico, etnográfico e histórico da Península do Barbanza (Rianxo, Boiro, Pobra do Caramiñal, Stª Uxia de Ribeira, Pto. Do son, Noia e Lousame).

Poderanse presentar ó concurso un máximo de catro obras (2 en cor e 2 en b/n) por autor. So se premiará unha por autor. • A técnica será libre e o formato será o seguinte: .. mínimo: 13 x 18 cm. .. máximo 21 x 30 cm. 

As obras deberán ser orixinais. No caso de obras realizadas en formato dixital, deberase axuntar o soporte informático e non poden estar modificadas; tampouco se admitirán reproduccións fotográficas.

As obras premiadas nas distintas categorías quedarán en poder do Centro Arqueolóxico do Barbanza, así coma os negativos ou soporte informático; podendo ser empregados en soportes de difusión informativa, literaria e publicitaria cando o Centro ou o Concello de Boiro o considere oportuno.

As obras non premiadas serán obxecto dunha exposición pública, o termo da cal, poden ser recollidas polos seus propietarios. 

As obras non premiadas que non sexan recollidas no prazo dun mes, a partires da súa exposición pública, pasaran a ser propiedade do Centro. 

A organización non se responsabiliza das posibles rupturas, deterioro ou extravíos das obras obxecto da exposición, aínda que se tomarán as medidas oportunas para protexelas.

ENTREGA: •As obras deberán ser entregadas, persoalmente, no Centro Arqueolóxico do Barbanza ou enviadas por correo certificado ata ó 15 de xaneiro do 2009. En calquera dos casos no sobre debe poñer coma referencia Centro Arqueolóxico do Barbanza – Certame fotográfico 2008-.

As obras traerán escrito ó dorso o nome lexítimo do obxecto fotografado – si o ten-, o título da obra, pseudónimo do autor/a e categoría na que se presenta e virán acompañadas dun sobre pechado no que figurará o mesmo pseudónimo no exterior, e dentro, o listado de títulos das obras presentadas, os datos persoais do autor/a e fotocopia do DNI así coma teléfono de contacto.

No caso das asociacións e centros educativos os requisitos son os mesmos excepto o do autor e o DNI que se trocarán polo nome do centro ou asociación e por unha certificación que indique que a categoría na que se presentan corresponde a idade do autor/a.

XURADO: O xurado estará composto polas seguintes persoas: D. Gerardo Piñeiro, Concelleiro de Cultura e Patrimonio de Boiro; D. Cesar Tarela Pérez, Secretario da Asociación de Discapacitados Boirense ADIBO; D.Damian Eiras Outeiral, Bellas Artes- Pintor e Da. Carmela Queijeiro Pérez, Reporteira gráfica da voz de Galicia (Ou persoas nas que deleguen). As decisións que acorde o xurado serán inapelables e, a xuízo deste, segundo a calidade das obras presentadas, poderase declarar deserto algún dos premios. O xurado valorará principalmente a calidade, orixinalidade artística e o valor histórico.

O fallo do certame farase público en xaneiro do 2009, así coma a exposición das mellores obras.

Síguenos nas redes...